Arriba
Image Alt
A viticultura na Ribeira Sacra

Ruta do viño

Ribeira Sacra

Ruta do Viño

“A viticultura na Ribeira Sacra é unha forma de vida e unha mostra inequívoca da íntima unión do ser humano coa natureza”

Casa das Xacias forma parte, xunto con outros aloxamentos, adegas ou restaurantes, da ruta do Viño de Ribeira Sacra. Se es amante do viño, en Casa das Xacias podémosche recomendar adegas ou actividades para desfrutar da cultura do viño en parella, en familia, con amigos, durante unha escapada de fin de semana ou en días de vacacións.

Calquera época do ano é boa para vir facer enoturismo a Ribeira Sacra, aínda que a primavera regálanos o verde sobre as ladeiras do río e, o outono, época de vendimas, durante a que poderás desfrutar dun festival de cores vermellas e amarelos das follas de cada variedade.

Moitos aseguran que a viticultura da Ribeira Sacra remóntase a tempos romanos. Aínda que isto non está do todo claro pois, segundo din, os romanos si estiveron, pero foi para buscar ouro no río Sil e non para cultivar viño. O que si sabemos con certeza é que o cultivo da vide remóntase polo menos ao século X e tamén que é unha viticultura única no mundo. Coñécese como viticultura heroica, pois leva a cabo en condicións adversas en terreos de tremendo desnivel. As muras ( bancales)  sostéñense grazas aos muros construídos pedra a pedra e os viñedos trabállanse manualmente, o que ás veces conleva facer auténticos equilibrios entre as cepas.

Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Cada ano Turismo de Galicia promociona a viticultura mediante a organización das  Xornadas de Puertas abertas dos Rutas do Viño de Galicia, que consisten nun programa especial de actividades para a fin de semana. En Ribeira Sacra adoitan ser en xuño e ofrece diferentes plans como bus do viño, rutas do románico, catas a adegas, excursións en barca, rutas de sendeirismo, ceas gastronómicas ou rutas en segway  .

Cita obrigada é a Feira do Viño de Chantada, que abre a tempada a outras Feiras do Viño de Ribeira Sacra. Celébrase cada ano durante a segunda fin de semana de marzo. Nela poderás degustar os viños característicos da zona, na que predomina a uva Mencía para tinto e a Godello para o branco. E ti… es máis de Godello ou de Mencía?.

E, falando de viño, maridamolo coa gastronomía da zona? Aquí poderás atopar unha gran variedade de lugares: casas de comidas, pulperías, mesóns con comidas tradicionais como empanada, caldo galego, cocido, polbo, carne ó caldeiro, carne richada ou tenreira galega asada, tamén restaurantes máis exclusivos que lle outorgan á gastronomía galega un toque de sofisticación e boas maridaxes.

Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A maioría dos restaurantes traballan con produtos locais entre os que destacan afamados queixos, castañas, embutidos, galletas… todos eles proxectos sustentables comprometidos co territorio. Recomendámosche  facer as túas reservas con antelación sobre todo en épocas de verán. Pregúntanos todo o que precises saber!

Tamén che podemos informar dos restaurantes que fan servizo de comida para levar e das tendas especializadas onde che poden axudar a facer unha boa selección para desfrutar dunha cea con viño e produtos locais de Ribeira Sacra en Casa das Xacias.

Onde podes atoparnos

Localización

Tes algunha dúbida?