Disfruta
En Casa das Xacias poderás desfrutar durante todo o ano e en cada estación vivirás unha experiencia distinta
Na primavera, a estación do rebrote da vida, presenciarás a eclosión da horta e das cerdeiras en flor. No verán poderás mergullarte na piscina e cociñar na grella. No outono, tempo de vendima, verás como as cores se espallan polo chan coa caída das follas e os viñedos alternan múltiples tons de verde, amarelo, ocre e vermello. E no inverno, que mellor que arrimarse á calor da cheminea en compañía dos teus? En todos os meses do ano atoparás na casa dás Xacias un espazo para ti. Para cada un de vós.
Na primavera cociña e desfruta da horta. No nosa horta atoparás, por exemplo, leitugas, tomates, pementos e herbas aromáticas como perexil, romeu, lavanda ou hortelá. Padalea as comidas, as ceas e o viño novo. Imprégnate desa luz tan brillante e percibe o transcorrer dos días, cada vez máis longos.
No verán a piscina ofrece a toda a familia, cativos e amigos, un lugar onde refrescarse. Desfruta da piscina de forma segura. De fácil acceso, a súa profundidade é de 140 cm.
Deléitate do espazo exterior, prepara ricas comidas e ceas ao aire libre, xa sexa na cociña ou na grella.
No outono Casa das Xacias é ideal para tomarse un respiro e experimentar a Ribeira Sacra en todo o seu esplendor. Desfruta do descanso sen ruídos, da espectacularidade cromática do viñedo e da vendima, da festa tradicional do magosto e das longas sobremesas sen présas.
O inverno bríndanos un tempo de recollemento no que apetece estar xunto á cheminea, buscando a calidez do fogar. É o momento de estar cos teus. Na casa dispoñedes de leña para a cheminea e a grella. É un bo momento para visitar adegas e desfrutar da gastronomía galega típica desta época do ano.