Arriba
Image Alt
Escápate coa familia, coa túa parella ou cos teus amigos

Comparte

Escápate con la familia, tu pareja o amigos

Comparte

Escápate coa familia, coa túa parella ou cos teus amigos a Casa das Xacias. Pode ser unha escapada de fin de semana, de varios días ou, durante o verán, de semanas completas. Comparte con quen ti queiras novas experiencias que che farán sentir como na casa desde o primeiro momento.

Cociña equipada para preparar almorzos e comidas
  • Cociña Vitro-cerámica e forno
  • Microondas
  • Nevera Combi (3 caixóns conxelador)
  • Batería de potas e tixolas. Utensilios e enxoval de cociña
  • Cafeteira Nespresso, Melitta de filtro e cafeteira italiana
  • Tostador de pan
  • Exprimidor de zume
  • Batidora
  • Lavalouzas + kit de produtos de limpeza
  • Lavadora, ferro, táboa de pasar o ferro, tendedero
Salón comedor a un paso da cociña
  • Todas as mesas e cadeiras necesarias
  • Vaixela de Sargadelos, artesanía de Galicia
  • Cubertería, cristalería e manteis
  • Televisión
  • Vaixela infantil
  • Pote para facer unha Queimada … quen se atreve co esconxuro?
Porche con grella
  • Complemento do salón comedor coas súas mesas e cadeiras
  • Un salón ao aire libre para desconectar e desfrutar dun almorzo ou un aperitivo
  • Unha extensión da cociña: desfruta de a grellada ou facendo un arroz no exterior.
  • Leña gratis (o carbón para a grella débeo traer o cliente)
Salón con cheminea, grandes ventás e mellores vistas
  • Espazo alternativo para comidas coas súas mesas e cadeiras
  • Lugar para o descanso e os xogos de mesa
  • Espazo para as sesións de cinema
  • Recuncho de lectura cunha biblioteca de libros sobre a historia, cultura e o patrimonio de Galicia
Salón xardín para o relax e a calma
  • Equipado con sofás e mesas de exterior
  • Espazo máxico para ver as estrelas
  • Recuncho para o autocoidado
Leira para engancharte á contorna rural
  • A piscina coas súas tumbonas, toallas e antucas
  • A horta cos seus produtos de tempada e as súas herbas aromáticas
  • A viña e a parra para durmir unha sesta baixo a súa sombra no verán
  • O prado radiante de margaridas e flores silvestres na primavera ou dourado no verán, con árbores froiteiras dos que coller limóns ou cereixas
Onde podes atoparnos

Localización

Tes algunha dúbida?

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.