Arriba
Image Alt
Patrimonio natural e paisaxístico

O Cañón do Sil

Ribeira Sacra

O Cañón do Sil

A tan só 40 quilómetros de distancia

Galicia                  Avistamiento aves Cañón del Sil
Galicia Avistamiento aves Cañón del Sil

Durante as túas vacacións en Casa das Xacias, poderás ir de excursión ao Canón do Sil, a tan só 40 quilómetros de distancia, onde este río nos sorprende ao longo dos seus últimos 25 quilómetros con esa profunda garganta de roca tan espectacular antes de desembocar no Miño.

Para visitar o Canón do Sil desde Casa das Xacias, recomendámosche ir por Monforte de Lemos. Alí poderás visitar o Centro do Viño de Ribeira Sacra e descubrir a cultura do viño desta terra a través das súas xentes. O centro é tamén unha oficina de información turística.

Nestes canóns, do mesmo xeito que sucede no Miño, aproveitouse a abrupta orografía para a produción de enerxía hidráulica, o que fai que a auga do Sil descenda tranquila e sexa transitable para as embarcacións. Que mellor maneira de coñecer o Sil que a bordo dun catamarán ou doutras embarcacións que ofrecen experiencias personalizadas?

Se non che apetece navegar, outra forma de descubrir estes canóns é visitando os seus espectaculares miradoiros, situados en ambas as beiras. Os situados nas zonas máis elevadas permiten visualizar o encaixado percorrido do río, mosteiros, viñedos ou fervenzas. Un plan perfecto pode ser un picnic en familia á beira do miradoiro de Cadeiras, onde hai un santuario e unha área recreativa con mesas, grellas e espazo infantil. Tamén o miradoiro da Capela é estupendo para un picnic en parella ou con amigos: aquí poderedes desfrutar dunhas  vistas marabillosas. Unha experiencia inesquecible pode ser a posta de sol no miradoiro de Santiorxo ou o de Boqueiriño, desde o que poderás observar na beira de en fronte como nosa estrela se esconde  entre os castiñeiros do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

Pero se o que che gusta é o deseño vangardista, recomendámosche visitar o miradoiro de Cividade, inaugurado en 2012 por encargo do Centro Galego de Arte Contemporánea tras unhas xornadas de intervención e mellora da paisaxe. Construído nunha  pendente case vertical con 30 metros de lonxitude en aceiro e piñeiro, é obra da arquitecta Isabel Aguirre.

Mirador de Cividade ( Sober)

Foto: Turismo de Galicia | Mirador de Cividade ( Sober)

Unha boa forma de completar a vosa excursión aos canóns do Sil é facendo unha parada en Doade (o corazón de Amandi, unha subzona de viños da D.O. Ribeira Sacra), onde atoparedes afamadas adegas que ofrecen catas e outras actividades, algunhas delas con restaurante gastronómico. Nesta zona tamén hai o tren turístico Aba Sacra que transita polas abruptas e empinadas ladeiras do Sil.

Para os amantes dos paxaros, neste lugar existen cinco itinerarios de Galicia Birding (Turismo de Galicia) específicos para o avistamento de aves. Os itinerarios pódense facer a pé ou en coche e poderás ver especies rupícolas como o falcón peregrino, o bufo real ou os máis escasos roquero solitario e aguia real. Outras aves rapaces que atopamos nesta zona son o abelleiro europeo, o azor, a culebrera europea ou a aguililla calzada. Son tamén habituais outras especies, como o avión roquero ou a andoriña dáurica, e multitude de pequenas aves forestais, como o mosquitero ibérico ou o trepador azul.

O canón do Sil, xunto ás ribeiras do Miño, ofrecerache  unhas experiencias únicas para desfrutar dunha ponte ou unhas vacacións. Desconecta da rutina en Casa das Xacias!

Desconecta da rutina en casa dás Xacias!
Onde podes atoparnos

Localización

Tes algunha dúbida?