Un turismo responsable. Este é o firme compromiso de Casa das Xacias para contribuír aos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS): unha chamada universal para acabar coa pobreza, protexer ao planeta e garantir a paz e a prosperidade en todo o mundo
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e o Turismo Rural
O 25 de setembro de 2015, a Asemblea Xeral das Nacións unidas aprobou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, un marco que inclúe 17 obxectivos e 169 metas para que os estados, a sociedade civil e o sector privado poden orientar e medir as súas achegas ao desenvolvemento sustentable para 2030. Os seus 17 Obxectivos perseguen erradicar a pobreza, protexer o planeta e garantir a igualdade e a prosperidade para todos.
O turismo aparece nas metas dos seguintes Obxectivos: ODS 8: Traballo decente e crecemento económico, ODS 12: Produción e consumo responsables e ODS 14: Vida submarina. Con todo, grazas ao seu alcance e ao seu impacto, o turismo pode axudar de forma directa ou indirecta a lograr calquera dos 17 Obxectivos.
Política de sustentabilidade
En Casa das Xacias aliñámonos con todos os ODS e comprometémonos a colaborar coa implementación gradual dos obxectivos de desenvolvemento sustentable propostos pola ONU para mellorar a vida das persoas, e consolidar un planeta rexido pola paz, a prosperidade e as alianzas.
Compromisos de sustentabilidade derivados
- Promover a información e o coñecemento dos ecosistemas que nos rodean
- Impulsar a economía local, o comercio de proximidade e a produción local
- Dinamizar, informar e promover alianzas sobre o cumprimento dos ODS
- Fomentar o consumo sustentable e as accións na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra
Compromisos ambientais derivados
- Cumprir a lexislación ambiental vixente e todos os compromisos para a protección do medio ambiente
- Fomentar o uso de enerxía limpa e renovable
- Fomentar a reciclaxe e a produción sustentable
- Asegurar o abastecemento de auga limpa e dun saneamento eficiente