Comparte
Escápate coa familia, coa túa parella ou cos teus amigos a Casa das Xacias. Pode ser unha escapada de fin de semana, de varios días ou, durante o verán, de semanas completas. Comparte con quen ti queiras novas experiencias que che farán sentir como na casa desde o primeiro momento.
- Cociña Vitro-cerámica e forno
- Microondas
- Nevera Combi (3 caixóns conxelador)
- Batería de potas e tixolas. Utensilios e enxoval de cociña
- Cafeteira Nespresso, Melitta de filtro e cafeteira italiana
- Tostador de pan
- Exprimidor de zume
- Batidora
- Lavalouzas + kit de produtos de limpeza
- Lavadora, ferro, táboa de pasar o ferro, tendedero
- Todas as mesas e cadeiras necesarias
- Vaixela de Sargadelos, artesanía de Galicia
- Cubertería, cristalería e manteis
- Televisión
- Vaixela infantil
- Pote para facer unha Queimada … quen se atreve co esconxuro?
- Complemento do salón comedor coas súas mesas e cadeiras
- Un salón ao aire libre para desconectar e desfrutar dun almorzo ou un aperitivo
- Unha extensión da cociña: desfruta de a grellada ou facendo un arroz no exterior.
- Leña gratis (o carbón para a grella débeo traer o cliente)
- Espazo alternativo para comidas coas súas mesas e cadeiras
- Lugar para o descanso e os xogos de mesa
- Espazo para as sesións de cinema
- Recuncho de lectura cunha biblioteca de libros sobre a historia, cultura e o patrimonio de Galicia
- Equipado con sofás e mesas de exterior
- Espazo máxico para ver as estrelas
- Recuncho para o autocoidado
- A piscina coas súas tumbonas, toallas e antucas
- A horta cos seus produtos de tempada e as súas herbas aromáticas
- A viña e a parra para durmir unha sesta baixo a súa sombra no verán
- O prado radiante de margaridas e flores silvestres na primavera ou dourado no verán, con árbores froiteiras dos que coller limóns ou cereixas