Casa das Xacias
Turismo Rural Ribeira SacraXORNADA PORTAS ABERTAS RIBEIRA SACRA 26 MAIO
26 DE MAIO XORNADA DE PORTAS ABERTAS
A Ruta do Viño da Ribeira Sacra esténdese entre as provincias de Ourense e Lugo, marcando o seu límite natural o propio leito do río Sil, que nuns poucos quilómetros irá acompañado tamén polo seu eterno compañeiro, o Miño.
Todos os concellos da ruta están distribuídos entre cinco subzonas de produción: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil; un extenso territorio no que o tempo se para para facerche gozar dunha terra que comparte a súa beleza paisaxística coa maxia dun rico patrimonio monumental de corte monacal. Terra marcada pola confluencia dos ríos Miño e Sil, cuxos sucos van marcando encaixados canóns de maxestosa beleza, que chegan a alcanzar no seu punto máximo ata os 500 metros de profundidade. Aquí, o noso itinerario vainos introducindo nunha expe- riencia chea de aventura. Ladeiras escarpadas ao carón da nosa estrada, canóns vertixinosos ao outro, e na súa paisaxe viñedos e soutos de castiñeiros se intercalan nun eterno entendemento, sendo de aquí en diante os nosos fieis compañeiros de viaxe. Pero, se espectacular é o noso traxecto por estrada, aínda pode selo máis por auga. Alguén cualificou estes canóns como os mares interiores de Galicia e tanto o Sil como o Miño posúen cur- sos fluviais navegables en catamarán. Dende a auga podemos divisar a paisaxe de bancais, nos que as vides loitan por gañar terra á montaña. Mostras dunha paisaxe humanizada na que o esforzo humano e a paixón pola terra marcan a súa pegada. O traballo da viña na Ribeira Sacra é identificado e coñecido como “viticultura heroica” polo esforzo e tempo que supón poñer en produción vitivinícola o terreo.
e ademáis dos viños…
Nas ribeiras dos ríos Miño e Sil, establecéronse nos comezos do cristianismo monxes e eremitas para practicar a vida ascética, que, co paso de tempo deron lugar a florecentes mosteiros que irradiaron arte, cultura e progreso material a toda Galicia. De aí o nome Ribeira Sacra, do que existe constancia escrita dende o século XII. Dende aquí poderás transportarte ata o esplendor do románico a través das igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, San Miguel de Eiré, o Mosteiro das Bernardas, San Fiz de Cangas, Santo Estevo de Atán, na ribeira do Miño. Na ribeiras do Sil o mosteiro máis importante é o de Santo Estevo de Ribas de Sil, actualmente Parador de Turismo, que foi un centro de poder non só relixioso, xa que o seu abade foi durante séculos o encargado de impartir xustiza e nomear escribáns e oficiais de aduana. Tamén salientan especialmente a igrexa de San Vicente de Pombeiro e os antigos mosteiros de Santa Cristina e de San Pedro de Rochas, único por estar escavado na rocha natural. Igual atención merece o antigo mosteiro benedictino de Montederramo, poboación dende a que tamén nos poderemos achegar ao Bidueiral que leva o nome desta vila. Outra opción é achegarse aos espectaculares miradoiros sobre o Canón do Sil e admirar a monumentalidade da súa paisaxe.
Actividades na Ruta do Viño:
TREN TURÍSTICO RIBEIRA SACRA
TEMPO DO TRAXECTOHORARIOS, Primeira saí- LUGAR DE SAÍDA: restaurante A Cantina, en Doade (Sober). Hai que estar polo menos 10 minutos antes PREZOS: Adulto: 14€ / Carné Xoven: 12€ / Máis de 65 anos: 12€. INFORMACIÓN E RESERVAS
Teléfonos: 982 182 610 / 650 770 179 info@abasacra.com – reservas@abasacra.com
CATAMARÁNS POLA RIBEIRA SACRA
DOADE
EMBARQUE DURACIÓN COMPRA DE BILLETES Anticipada: chamando ao Tlf. 982 260 196, luns a vernes de 8:30h COMPRA ONLINE: http://reservas.rutasembalses.es/ e >65 anos, carné xove 5€ / Nenos 0-3 anos GRATIS / Grupos (mínimo 30 persoas) Adultos 7€ / 4-12 anos e >65 anos, carné xove 4€ / Nenos 0-3 anos GRATIS.
EMBARCADOIRO DE STO. ESTEVO
EMBARQUE: Embarcadoiro de Sto. Estevo (Nogueira de Ramuín). ITINERARIO 1) Santo Estevo – zona de Parada de Sil – Santo Estevo TEM- PO ESTIMADORESERVAS: 982 254 545 – 902 100 403 PREZO: 11 € (laborables inverno), 13 € (fin de semana inverno); 13 € (laborables verán, 14 € (fin de seman verano). Descontos para grupos, terceira idade, Carné xove e nenos hasta 12 anos. Nenos ata 3 anos gratis. Matrimonio + 1 fillo ata 12 anos Tarifa familiar.
http://www.hemisferios.es
12:55h (saída non garantizada) / 13:00 e 14:25 / 15:30 e 16:55 (saída non PREZO: 13 €. Maiores de 65, 10€ / Nenos entre 4 e 11 anos, 10€ / Nenos ata 3 anos gratis.
INFORMACIÓN: Viajes Pardo, Tlf. 988 215 100
compra on-line: www.riosil.com
BELESAR
EMBARQUE DURACIÓNDÍAS E HORARIOSCOMPRA DE BILLE- TES – Anticipada: chamando ó Tlf. 982 260 196 luns a vernes de 8:30h COMPRA ONLINE TARIFAS REDUCIDAS: Individual 4-12 anos e >65 anos, carné xove 5€ / Nenos 0-3 anos GRATIS / Grupos (mínimo 30 persoas) / Adultos 7€ / 4-12 anos e >65 anos, carné xove 4€ / Nenos 0-3 anos GRATIS.
QUINTA SACRA
Empresa adherida á Ruta que ofrece excursións en lancha neumática polo río Miño dende Belesar, que incluso poden ser personalizadas e axeitadas en tempo e percorrido ás preferencias do cliente. (grupos ata 12 persoas). As saídas son dende Belesar (pobo). Tlf.: 637 478 260.
VISITA GUIADA MONFORTE
A Ruta do Viño da Ribeira Sacra ofrece unha visita guiada gratuíta polo casco histórico de Monforte de Lemos, con guía oficial (María Abuín ou Beatriz Pérez). Punto de en- contro: conxunto monumental de San Vicente, diante do Parador, ás 11.00 h. Duraciónaproximada da visita, dúas horas.
CENTRO DO VIÑO
O Centro do Viño da Ribeira Sacra ofrece unha visita guía- da ás súas instalacións, con degustación incluída ás 17:00 horas.
RUTAS ROMANICO
A empresa “Mais que románico” ofrece un 25% de des- conto nas visitas guiadas do Románico da Ribeira Sacra durante os días 25 e 26 de maio. Máis información no tlf.: 646 533 229
ADEGAS PORTAS ABERTAS EN CHANTADA E SAVIÑAO:
Adega Abadía da Cova Lugar de Cuñas, A Cova.
27548 O Saviñao (Lugo) www.adegasmoure.com abadiadacova@adegasmoure.com GPS: 42o23’42,23”N 7o26’24,96”O
Adega Vía Romana
A Ermida, s/n. Belesar
27500 Chantada (Lugo)
Tel.: 982 454 005 / 982 462 069 / 660 678 418
www.viaromana.es viaromana@viaromana.es GPS: 42o37’17”N 7o43’82”O
RESTAURANTE CON MENÚ ESPECIAL
Restaurante Mogay Antonio Lorenzana, 2
27500 Chantada (Lugo) www.restaurantemogay.com info@restaurantemogay.com
GPS: 42o36’31,5”N 7o46’12,1”O
OFERTA ESPECIAL CASA DAS XACIAS XORNADA DE PORTAS ABERTAS: 500 EUROS FIN DE SEMANA
Feira Do viño de Chantada
Xa hai datas para a Feira do Viño de Chantada do 2012..ven a CASA DAS XACIAS e disfruta do viño e das paisaxes…
Este ano e a XXX Edición, Xacia do Río Miño invítate ao evento!!
Eres godello ou eres mencía??
http://www.facebook.com/#!/events/287099004676636/
Ruta do Viño Ribeira Sacra
Disfruta de la Ribeira Sacra….Casa Das Xacias ya se encuentra en la Ruta de Vinos de la Ribeira Sacra desde 2011

Fuente del mapa: www.turgalicia.es
Los comentarios están cerrados